Skip to main content
Sin categoría

Rematadas varias obras en pistas e camiños das parroquias de Magazos e Chavín

Por 24 Setembro, 2020Sin comentarios

O Concello de Viveiro vén de informar do remate das obras de reforma e renovación de varias pistas nas parroquias de Chavín e Magazos.

En concreto, os traballos, realizados pola Deputación a indicación do concello, foron no Camiño Corral, en Fondón, parroquia de Magazos; no Camiño á Carboeira, en Chavín, e no Camiño das Cancelas, en Iglesia, tamén na parroquia de Chavín.

O Concello de Viveiro acometeu nos últimos tres meses diferentes actuacións de mellora en viais do municipio e rotondas, ademais doutros traballos dirixidos a mellorar o tráfico de vehículos e peóns.

Varios camións da Deputación de Lugo traballaron en Viveiro a disposición do Concello para adecentar diversas zonas.