Skip to main content
ActualidadeCervoSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

A Asociación de Axuda ao Enfermo Mental A Mariña recibirá unha axuda do Concello

Por 25 Setembro, 2020Sin comentarios

O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, e a edil de Servizos Sociais, Pilar Armada, recibiron no Concello de Cervo ao presidente da Asociación de Axuda ao Enfermo Mental A Mariña, Jorge Manchado, e fixéronlle entrega dunha axuda nominativa de 15.000 euros, que ano tras ano a Administración local reserva no seu orzamento “para tentar contribuír a manter a calidade do servizo que prestan desde esta entidade, tanto ás persoas usuarias como ás familias”.

Tal e como precisaron “a relación entre a dirección do centro e o Concello é moi fluída e estamos en permanente contacto para atender, na medida das nosas posibilidades as súas demandas, poñendo a disposición os medios humanos e materiais que requiren, sempre que nos é posible”.

O rexedor aplaudiu o gran labor do centro e o extraordinario traballo  do seu cadro de persoal –máxime nestes tempo excepcionais que vivimos- dirixido a favorecer a integración deste colectivo na contorna comunitaria, dando apoio ás familias e prestando servizos de rehabilitación psicolóxica e social, a través dunha atención integral.

Esta axuda incrementouse en 3000 euros no exercicio pasado, pasando de 12.000 a 15.000 euros.

O Centro abriu as súas portas no ano 2013; sendo o de Cervo, o único centro destas características da provincia de Lugo, e un dos catro que existen a día de hoxe en toda Galicia.