Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAZonas LUGOXA

As prazas de Xove e Viveiro contarán mañá cun acto en apoio aos traballadores de Alcoa

Por 25 Setembro, 2020Sin comentarios

O comité de empresa de Alcoa organiza mañá sábado 26 nas prazas dos concellos de Xove e Viveiro ás 10.00 horas, unhas concentracións en apoio aos traballadores da factoría cervense.

Así, mesmo o domingo27 de setembro haberá unha andaina familiar en Xove que será en horario de 11 a 12 horas e partirá dende a saída da estación de tren ata a praza do Concello.

A organización lembra que manterán as medidas de seguridade en todo momento.