A Deputación aproba un convenio para a construción dunha nave en Alfoz

A Xunta de Goberno da Deputación deu o visto bo ao un convenio de colaboración co Concello de Alfoz para a construción dunha nave que servirá para almacenar maquinaria municipal. A Deputación achega 115.300€ para estas instalacións, que se levantarán na Granda de San Pedro, xunto á piscina municipal e o colexio. O Concello aportará 4.435€.

“Esta nave é moi necesaria porque agora mesmo a maquinaria municipal estase gardando ó aire libre, o que, ademais de expoñela a roubos, que xa se teñen producido, acelera o seu deterioro e provoca avarías que, de estar resgardada, non se producirían”, explicou o presidente.

Tamén en Alfoz, aprobouse unha axuda de 16.645€ para a asociación de veciños de San Sebastián de Carballido co obxectivo é colaborar na reparación da cuberta e das escaleiras do local social deste colectivo. Tomé Roca detallou que “esta colaboración dá mostra do pegada que está a Deputación aos concellos e tamén ao tecido asociativo de moi diversa índole”.

“Neste caso, trátase dunha asociación de veciños pequena, pero moi activa con xente nova e que traballa para involucrar á veciñanza nas citas que organizan. Por exemplo, están involucrados na recuperación de feiras e festas tradicionais que se foron perdendo, como é o caso da Feira do Trece”, indicou.

O Sabor das Margaridas

Nesta sesión, tamén se aprobou un convenio coa produtora galega CTV para colaborar coa serie O Sabor das Margaridas. “Este convenio supón unha achega da Deputación de Lugo de 120.000€ para proxectar a imaxe da provincia dunha maneira internacional, tendo en conta que O Sabor das Margaridas é a primeira serie en galego que está incorporada á plataforma audiovisual Netflix”.

Tomé Roca detallou que a segunda temporada se rodou no inverno e xa foi estreada na Televisión de Galicia, pero adiantou que está previsto que nas vindeiras semanas estea dispoñible en Netflix. “A provincia de Lugo ten un papel protagonista ao aparecer como escenarios paraxes como a Ribeira Sacra, o Pazo de Adai no Corgo ou a capital lucense. Dende a Deputación consideramos que esta colaboración é unha oportunidade para a proxección internacional da nosa riqueza paisaxística e cultural”.

“Dende a Deputación de Lugo temos un apoio claro na industria audiovisual lucense e galega. Nos últimos dez anos colaboramos con máis de dez películas, series, documentais e curtas porque estamos convencidos de que temos que estar do lado do audiovisual porque é crear industria,  emprego, fomentar a cultura, a nosa lingua e tamén impulsar o turismo”.

Remanentes do Plan Único

Esta sesión da Xunta de Goberno deulle o visto e prace a un conxunto de solicitudes dos concellos da provincia para investir remanentes do Plan Único 2019 en novas actuacións.

-En Foz, investiranse máis de 3.500€ para seguir acondicionando os camiños da parroquia de Vilaronte.

Etiquetas

A %d blogueros les gusta esto: