Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAZonas LUGOXA

Traballadores de Alcoa encérranse nos concellos de Xove e Viveiro

Por 26 Setembro, 2020Sin comentarios

Hoxe ás 10 horas estaban programadas sendas concetracións dos traballadores da factoría cervense e das empresas auxiliares nas prazas dos concellos de Xove e Viveiro.

Nestas prazas comezaron un peche que se prolongará durante 24 horas para esixir a Alcoa unha solución para salvar aos 534 empregados, os case 400 auxiliares e que a planta de aluminio siga funcionando.

Pediron unha vez máis que as administracións galegas e Goberno central se involucren na negociación para que a venda sea fructífera ou de non ser así facer unha intervención estatal.

Así, permanecerán pechados nos concellos de Xove e Viveiro as respresentacións do comité de Alcoa e auxiliares ata mañá 27 de setembro ás 10 horas para cando está convocada unha andaina reivinticativa por Xove.

Por outra banda, o comité de empresa comunicou que a última reunión da mesa negociadora será en Nigrán o luns 28 no Pazo de Cea ás 12 horas. Inicialmente este encontro estaba fixado para facerse en Madrid.

Tamén trascendeu que a antiga planta de producción de aluminio de Alcoa en Portovesme, Cerdeña, volverá a funcionar gracias aun acordo entre o Goberno italiano e a compañía suiza Syder Alloys.

O estado italiano comprometeuse a poñer en marcha axudas para garantir un prezo enerxético xusto a través dun contrato bilateral a dez anos.

O acordo asinado establece que Enel outorgará a Syder Alloys un contrato de subministro de enerxía de cinco anos máis outros cinco a un prezo que o Ministerio de Economía calificou de “competitivo”. Portovesme absorve 70 megavatios por hora, é dicir, 600 mil nun ano.

A prensa italiana sinalou que o novo plan industrial debería reiniciarse sentre o segundo semestre de 2021 e principios do 2022, e tamén se discute a remodelación da industria da produción primaria de aluminio co proxecto de reinicio e reemplazo progresivo das celdas electrolíticas.