Multitudinaria participación na concentración para apoiar a venda de Alcoa

A manifestación de Xove encabezouna un camión que portaba coroas de flores como se fose un funeral, o da Mariña, de non acadar un acordo nas negociacións entre Alcoa e Liberty. Na banda de cada coroa podíase ler o nome de cada Concello da comarca.

Así mesmo, unha ampla representación dos partidos políticos lucenses asistiu á concentración en apoio da venda de Alcoa, de maneira que esta industria fundamental para A Mariña teña futuro e se manteñan os postos de traballo que xera.

Todos eles destacan que estes son momentos cruciais para o futuro desta industria, e, ao mesmo tempo, da propia comarca, así como, consideran que a forza da unión é fundamental para facer rectificar a Alcoa e propiciar a venda.

É necesario, destacan os alcaldes, “un proxecto sostible, que permita manter a industria e con ela a continuidade dos postos de traballo. Igualmente destacan que non existe xustificación que impida achegar posturas entre Alcoa e Liberty House”.

Resaltaron tamén que A Mariña demostrou unha implicación total con Alcoa e agora é o momento de que a empresa demostre a súa implicación con esta comarca. En canto ao Goberno, agardan que cumpra os seus compromisos e avance na aprobación das medidas para garantir un marco enerxético competitivo para a industria electrointensiva.

Deputación.

O grupo provincial do BNG volverá reclamar a intervención pública de Alcoa San Cibrao no vindeiro da Deputación de Lugo, previsto para o martes 29 de setembro.

Ante a posibilidade de que fracase a negociación para a venda da factoría, que tiña como data límite o 27 de setembro, a formación nacionalista volverá levar ao pleno provincial unha moción na que solicita que  “as administracións do Estado e galega aposten pola intervención pública para a nacionalización da planta de aluminio, de forma que se garanta a continuidade da actividade e dos postos de traballo”.

A proposta lembra que “nin o marco normativo galego, nin o do Estado español, nin o da Unión Europea impiden a nacionalización de Alcoa” e que “polo tanto, esta solución so precisa da vontade política das administracións públicas”.

O BNG  xa levara unha moción para solicitar a intervención pública de Alcoa ao Pleno provincial o pasado mes de xuño, obtendo daquela o apoio de todos os grupos políticos.

“Estamos nun momento decisivo do conflito. Se Alcoa non vende as instalacións, o Estado debe intervir para evitar a parada das cubas e o despedimento dos 1.000 traballadores ameazados polo Ere da multinacional estadounidense.   As traballadoras e traballadores seguen loitando polo seu futuro e polo da Mariña, e desde o BNG seguiremos empregando a nosa representación institucional para reclamar ás administracións competentes que protexan os postos de traballo e a produción de aluminio en San Cibrao”, apuntou  o voceiro provincial Efrén Castro.

Ademais da intervención pública, a moción reclama que “o Estado aprobe un Estatuto do Consumidor Electrointensivo, que garanta un prezo estable, predecible e asumible”,  a “creación dunha tarifa eléctrica galega, que permita abaratar o custo da electricidade tanto para as empresas como para os particulares” e “un plan de reindustrialización de Galiza, que garanta desenvolvemento, xustiza social e benestar”.

Etiquetas

A %d blogueros les gusta esto: