O Celtas de Foz renuncia a competir e adestrar mentras non haxa garantías sanitarias

O Celtas de Foz vén de comunicar a suspensión de toda a activiade do club tanto en competición como adestramentos, ata que a situación sanitaria o permita.

Así, o informaron mediante un comunicado de prensa no que engadiron que “a práctica deportiva non pode poñer en risco a saúde das persoas. Debemos velar polo interese común e non vemos posible a práctica do baloncesto mantendo a distancia de seguridad, nin compatible co uso correcto da máscara de protección”.

“O feito de non poder garantir a saúde de xogadores, adestradores e de todas as persoas que están en contacto con algún integrante do club, lévanos a tomar esta decisión. Seguiremos mantendo o optismismo e traballando para que o club siga mellorando pouco a pouco e esperamos que a situación mellore o antes posible”, concluiron no escrito.

Etiquetas

A %d blogueros les gusta esto: