Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAZonas LUGOXA

Últimas horas para as negociacións de Alcoa e Liberty

Por 27 Setembro, 2020Sin comentarios

Hoxe ás 10 da mañá conclúe o encerro feito por representantes sindicais de Alcoa e das empresas auxiliares que comezaron onte nos concellos de Xove e Viveiro.

Hoxe tamén é o último día de negociacións entre Alcoa e Liberty e de non haber acordo retomarase o proceso de despedimento de 534 traballadores directos e case 400 das auxiliares.

Segundo José Antonio Zan, presidente do comité de empresa, “ten que haber un acordo ou unha solución. Encerramonos en dous concellos de dous partidos políticos diferentes e que están un ao fronte da Xunta e outro ao fronte do Goberno central e que nos teñen que dar unha solución”.

Pediron unha vez máis que as administracións se involucren na negociación para que a venda sea fructífera ou de non ser así facer unha intervención estatal.

Agora atópanse nun momento crucial e “Alcoa debe deixar paso a Liberty xa que durante moitos anos gañou moito diñeiro gracias á Mariña lucense e non pode irse sen ningunha responsabilidade”, dixo a alcadesa de Viveiro, María Loureiro.

Pola súa banda, Demetrio Salgueiro, alcalde de Xove, expuso as súas inquedanzas sobre o “sofrimento continuado dos traballadores nestos meses e ante o temor de retomar o ERE o luns. Tamén pedimos a Alcoa a que, despois de anos beneficiándose desta comarca e con moitas axudas por parte das administracións, facilite a venda como a única saída”.

Senón hai venda, mañá retomarase o proceso de Ere nunha reunión convocada inicialmente en Madrid e que finalmente celebrarase en Nigrán ao mediodía