Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXATrabadaZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Aparecen unhas pintadas nunha parede da casa consistorial de Trabada

Por 28 Setembro, 2020Sin comentarios

Apareceron estes días unhas pintadas nunha parede da casa consistorial de Trabada. As pintadas, polo seu contido, parecen ser unha crítica á política de contratación de persoal do Concello.

A alcaldesa, Mayra García, expresou o seu rexeitamento a estos actos vandálicos, “non é admisible que se fagan pintadas nos edificios e menos aínda nun edificio institucional como é a casa consistorial”.

Desde o Concello informaron que o puxeron en coñecemento da Gardia Civil os actos vandálicos acontecidos coa finalidade de investigar a autoría dos feitos. 

Os populares entenden que a política de persoal do Concello non é transparente. “Cando un Goberno non actúa con transparencia, e moito máis en áreas tan sensibles como é a de contratación, ao final a xente  entende que se actúa caciquilmente”, di Fernández Vázquez, portavoz popular de Trabada.