Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAZonas LUGOXA

Fracasan as negociacións para a venda de Alcoa a empresa Liberty

Por 28 Setembro, 2020Sin comentarios

Expirou a medianoite o prazo que se deron os responsables de Alcoa para negociar coa empresa británica Liberty a venda da planta, pero non houbo acordo.

Despois de semanas de negociacións, e dun período de seis semanas Alcoa ofrecía a fábrica por 1 euro, despois Liberty quería que Alcoa garantise o subministro de alúmina durante 20 anos, pero os americanos so asinaban por 5. Tamén aceptou pagar os custos (estimados en ata 60 millóns de dólares) necesarios para a separación da planta de aluminio da refinería, pero nin así chegaron a un acordo.

Agora que as negociacións fracasaron, comeza unha negociación para os 534 empregados da planta de aluminio. A multinacional citounos ás 9.30 no Pazo de Cea, en Nigrán, coa idea de pactar unha solución para o persoal. De non saír ningunha conclusión hoxe, mañá Alcoa Alcoa executará o ERE e pechará a planta.

Pouco despois, Xunta e Ministerio de Industria expresaban nun comunicado a “decepción de ambos gobernos ante o que consideran mala fe por parte de Alcoa, que decidiu romper as negociacións para vender apenas unha hora antes de que rematara o prazo establecido”.

Esta última posibilidade xurdiu por mor de que Alcoa rompese as negociacións directas con Liberty o pasado martes. “Tratábase dunha operación nova e impecable, que cumpría todos os requisitos legais tanto españois como a nivel comunitario”, explican Goberno e Xunta no comunicado.

Tanto Maroto como Conde emprazaron a Alcoa a que reflexione antes da reunión deste luns ás 9.30 horas “sobre as consecuencias que a súa decisión terá para os traballadores, as súas familias e a comarca da Mariña no seu conxunto”. Por iso pídenlle que acepte algunha das solucións que o Goberno ofreceu para salvar os postos de traballo da factoría mariñá.

Ambas as administracións mantiveron desde o principio que si é posible acadar un acordo que dea continuidade á produción de aluminio primario na planta e aos postos de traballo. “Non existen argumentos que poidan xustificar unha decisión que prexudica a todas as partes, especialmente aos traballadores de Alcoa San Cibrao e da industria auxiliar”, explican no comunicado.

O Goberno e a Xunta explican que seguirán traballando para chegar a un acordo “que garanta os postos de traballo e as capacidades produtivas da planta, co obxectivo de que non se pare a produción”.