Skip to main content
ActualidadeRibadeoSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

O Club Atletismo Ribadeo logrou 13 medallas no campionato de Máster de Pista ao Aire Libre

Por 28 Setembro, 2020Sin comentarios

O Club Atletismo Ribadeo logrou 13 medallas (3 de ouro, 5 de prata e outras 5 de bronce) no XXXIII Campionato de Galicia Máster de Pista ao Aire Libre celebrado en Pontevedra este pasado sábado.

O Club Atletismo Ribadeo presentou un equipo de 5 atletas, que “acadaron éxito pleno neste campionato ao colgarse todos os seus integrantes medallas nalgunhas das probas nas que participaron, mesmo 4 atletas obtiveron pleno de medallas nas tres probas nas que podían competir”, explica a directiva do club.

Rocío Díaz Mesa proclamouse subcampioa galega en 800 metros lisos e obtivo sendas medallas de bronce en 5.000 metros lisos e 400 metros lisos. Emilio González Fernández logrou o subcampionato galego en altura, lonxitude e tripo salto e José Fernández obtivo medalla de bronce en 400 metros lisos.

Emilio Fernández Rodríguez proclamouse campión galego en 400 metros lisos e medalla de bronce en 100 metros lisos e 200 metros lisos. E Ana María Ferradás Barrera proclamouse campioa galega en peso e  xavelina e medalla de prata en disco.