Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAZonas LUGOXA

A partir do 4 de outubro haberá unha folga indefinida dos traballadores de Alcoa

Por 29 Setembro, 2020Sin comentarios

O presidente do comité de empresa, José A. Zan, comunicou a que a partir do 4 de outubro haberá unha folga indefinida, así o acordaron nunha asemblea con todos os traballadores hoxe ao mediodía nas portas da factoría.

Ademais, en simbolo de protesta prederon lume ao cartel da entrada da fábrica cervense co logotipo de Alcoa Europe, e cortaron os principais accesos a mesma.

Moitos dos traballadores están a participar nesta protesta, despois de que a reunión entre o comité de empresa e a multinacional para a aplicación dun ERTE, tras o fracaso das negociacións para a venda, acabase sen acordo.

Como dixeron os propios traballadores “cortarán os dous principais accesos á fábrica e non se lle permitirá o paso a ninguén, nin aos traballadores das auxiliares”. Montaron un campamento nas entradas ás instalación da factoría de San Cibrao que estará aberto 24 horas e organizaranse por quendas para que sempre haxa un amplo número de persoas nas carpas e nas entradas.

José A. Zan dixo que “unha multinacional fixo o incrible neste país, poñer dacordo ao PSOE e ao PP”, seguiu dicindo, “vamos a loitar contra todos para manter os nosos postos de traballo. Pero aquí non se van facer concesións”.

“Non imos permitir de ningunha maneira que se paren as cubas. O Goberno e a Xunta están de acordo niso, polo menos iso transmitíronnos”, manifestaba o presidente do comité de empresa.

Pola súa banda, o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, manifestou nunha rolda de prensa que “hai que garantir o emprego na fábrica de San Cibrao” e “non se pode descartar nada”, facendo referencia a intervención pública.

“No caso de que Alcoa prosiga nunha decisión inxusta e malintencionada non se pode descartar nada”, insistiu, “a situación é moi complexa pero non podemos dar nada por perdido”, defendeu o presidente galego, que reiterou que o peche da fábrica supoñería un problema para Galicia pero tamén para España pois “quedariamos sen a única industria de aluminio primario” no Estado.

Ante esta situación, avogou por un traballo conxunto entre o Goberno central e o Goberno galego para manter o emprego agora que “por fin o Goberno central tomouse en serio Alcoa”.

“Levamos desde hai un ano dicindo que Alcoa ía ser un problema, non só para Galicia, senón para España” e, agora “por fin” o Goberno central está “a tentar e traballando con rigor e en coordinación coa Xunta de Galicia para que se produza esa venda”, destacou Núñez Feijóo.

Neste sentido, reclamou manter os esforzos conxuntos entre ambas as administracións porque ningunha institución pode permitir a situación actual. “O que non pode ser é que Alcoa se vaia de España deixando centenares de postos de traballo na rúa cando poden seguir sendo produtivos se se chega a un acordo”, sostivo.

Subliñou que se Alcoa “quere utilizar de forma fraudulenta a súa posición para impedir unha venda a outra compañía” en base a “intereses espúreos” para non ter ningún competidor no país. E “nin o Goberno central nin a Xunta podemos aceptar unha decisión inxusta”, esgrimiu.

De feito, o presidente galego ha apuntado que é necesario que a autoridade laboral acredite que “Alcoa está a actuar de mala fe” xa que a posición da multinacional estadounidense é, ao seu xuízo, “absolutamente inxustificable”.

BNG LUGO.
O grupo provincial do BNG logrou a unamidade do Pleno provincial para solicitar a intervención de Alcoa San Cibrao. A formación nacionalista sacou adiante unha moción na que se solicita que “as administracións do Estado e galega aposten pola intervención pública para a nacionalización da planta de aluminio, de forma que se garanta a continuidade da actividade e dos postos de traballo”.

O voceiro provincial, Efrén Castro, que comezou a súa defensa da moción cunha mensaxe de “ánimo e forza ás traballadoras e traballadores que seguen manifestándose e loitando polo seu futuro e polo da comarca da Mariña e do país”, expuxo os argumentos do BNG para defender a intervención pública como a única alternativa para manter os postos de traballo e a actividade industrial na factoría de San Cibrao.

“Alcoa leva moito tempo dando mostras de que non quere a venda, quere irse e quere facelo sen dar entrada nese mercado á competencia. Alcoa pensa na súa conta de resultados. Asi funciona o neoliberalismo. E ante esa situación, non queda outra saída que a intervención e o Estado e a Xunta teñen os mecanismos para facelo”, expuxo o voceiro nacionalista.

“Están moi ben as boas vontades, todos detrás da mesma pancarta, pero estamos no momento en que os que teñen as competencias teñen que decidir. Vamos deixar que Alcoa se ría dos traballadores e de todas as galegas e galegos ou imos exercer as competencias que teñen o Estado e a Xunta de Galicia e intervir a planta? Iso é o que está enriba da mesa”, urxiu.

Tras confirmarse os votos a favor da moción de socialistas e populares, Efrén Castro agradeceu o apoio “para saír do Pleno cun acordo para salvar os postos de traballo e o futuro industrial da Mariña” malia a diversidade dos posicionamentos ideolóxicos, e insistiu na necesidade de que o acordo “non quede só en palabras” e se corresponda coas decisións dos gobernos do Estado e da Xunta.

Ademais da intervención pública, a moción reclama que “o Estado aprobe un Estatuto do Consumidor Electrointensivo, que garanta un prezo estable, predecible e asumible”, a “creación dunha tarifa eléctrica galega, que permita abaratar o custo da electricidade tanto para as empresas como para os particulares”.