Skip to main content
ActualidadeAlfozSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Alfoz puxo en marcha as actividades deportivas para adultos

Por 29 Setembro, 2020Sin comentarios

O Concello de Alfoz puxo en marcha as actividades deportivas para adultos.

As actividades ofertadas son ximnasia de mantemento os martes e xoves de 18.15 a 19.15 horas; ioga os luns e mércores de 19.15 a 20.15 horas; aerobic os martes e xoves de 19.30 a 20.30 horas; e baile os luns e mércores de 20.30 a 22 horas.

O prazo de inscrición está aberto dende hoxe 29 de setembro e pódese facer na casa do Concello.

Pódese acceder tamén á folla de inscrición dende a páxina web do concello www.concellodealfoz.com.