Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAZonas LUGOXA

Seguen as protestas dos traballadores de Alcoa diante da planta cervense

Por 29 Setembro, 2020Sin comentarios

Seguen as protestas dos traballadores de Alcoa San Cibrao, cortando os accesos a planta cervense dende as 7 horas desta mañá. Está convocada unha nova reunión de traballadores para ás 13.00 horas de hoxe.

Así, reuníronse onte en Nigrán para negociar un plan para un Expediente de Regulación Temporal de Emprego ou ERTE ou a aplicación dun despedimento colectivo permanente, ERE.

Os representantes dos traballadores negáronse a negociar un plan, polo que Alcoa conta agora cun prazo de ata quince días, conforme á normativa española, para tomar unha decisión en relación ao proceso de despedimento colectivo.

PSOE.

A secretaria provincial de Lugo e deputada autonómica, Patricia Otero advertiu que “Alcoa quedou sen escusas, cando rompeu as negociacións unilateralmente e sen xustificación”. Así o dixo tras coñecer o peche en banda da empresa para non vender a Liberty a fábrica de San Cibrao.

Otero cualifica esta decisión como “intolerable”. A Secretaria Provincial explica que “despois de moito tempo negociando tanto as administracións como os sindicatos, Alcoa xogou co futuro dos traballadores e de toda a comarca da Mariña. O seu nulo desexo de chegar a un acordo de venda a un grupo sólido demostra que carece de calquera outro interese que o seu propio beneficio”. Remarca que Alcoa amosou durante todo este proceso “que foi unha decisión pura e sinxela de recolocar a produción. O resto foron escusas”, replicou.

Ademais Patricia Otero sinalou que “o Goberno de España estivo absolutamente comprometido cos traballadores ata o punto de realizar unha proposta para mercar Alcoa, e despois revendela a Liberty. E así, garantir o futuro da fábrica. Unha proposta sen precedentes de alcance extraordinario en defensa da Mariña. A resposta de Alcoa, sen ningún fundamento, é o peche”.

Traballo conxunto das administracións

Por último, Otero explicou que “o Goberno de España deixou moi claro o seu compromiso cos traballadores, coa Comarca da Mariña e con Galicia, e non renunciará nunca na defensa dos seus postos de traballo. Seguirá defendéndoos contra unha decisión inmoral como a adoptada por Alcoa”. E engadiu tamén que “cando as administracións, traballan xuntas, como nas últimas semanas a defensa dos intereses dos traballadores é máis eficaz. Confío en que o sigan facendo nos próximos días e semanas”, resumiu.