A Quenlla actuará o 10 de outubro en San Pedro de Mor

O grupo A Quenlla actuará o sábado 10 de outubro ás 19.00 horas no campo da festa de San Pedro de Mor.

En caso de mal tempo trasladarase ó pavillón

Este traballo musical aborda a creatividade musical, a interpretación e a gravación de textos de Martin de Padrozelos, quen se cre que foi o primeiro trobador galego-portugués de finais do século XI con referencia escrita, coa maxia de conservar a música que seguramente se interpretou nesa paisaxe.

Este é un proxecto de amor que recrea a memoria dos textos dun autor primordial na orixe da cultura galega. As dez cantigas incluídas no CD, nove de amigo e unha de amor, son todas obras poéticas do trobador Martin de Padrozelos.

 

Etiquetas

A %d blogueros les gusta esto: