Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAXoveZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Continúa aberta a preinscrición para a Escola de Música de Xove

Por 30 Setembro, 2020Sin comentarios

A Escola de Música de Xove vén de comunicar que aínda que a preinscrición remataba hoxe día 30, decidiuse ampliar este prazo sen poñer data de peche co fin de facilitar que todos os nenos poidan inscribirse, facilitándolles tamén as familias as propias tarefas de inscrición.

Polo tanto, todos os alumnos que queiran preinscribirse deberán pasar polo Rexistro Municipal en horario normal de oficinas a formalizar a súa preinscrición. Tamén  poden realizar esa preinscrición online, a través da páxina web do Concello.

Para realizar a mesma, hai que rexistrar unha ficha (con tódolos datos cubertos) no Rexistro Municipal do Concello; esta ficha pódese obter tamén no mesmo rexistro.

Unha vez que o alumno se preinscriba, para formalizar a súa matrícula nos tres días seguintes deberá entregar no Rexistro Municipal ou a través dos email carolina@xove.es  ou xulianogueira@gmail.com, a documentación. De non ser así, considerarase desestimada a matrícula por parte do alumno.

Lembran que esta preinscrición é para novos alumnos, os que desenvolveron a súa actividade na Escola durante o curso 2019/2020 xa tiveron a posibilidade de matricularse durante o pasado  mes de xuño.