O Ceip Gregorio Sanz segue sen ascensor malia as queixas da anpa A Faxarda e do PP

O pasado día 14 de setembro a anpa A Faxarda presentou ante o Concello de Ribadeo e ante a Xefatura de Educación de Lugo un escrito que falaba sobre a instalación dun ascensor de uso xeral do colexio para o alumnado con necesidades especiais.

“Que no noso centro aprobouse por parte da Conselleria de Educación, a instalación dun ascensor para uso xeral do Colexio mesmo para o alumnado con necesidades especiais. Precisamente é o caso, pois un alumno deste centro, depende a súa mobilidade exclusivamente dunha cadeira de rodas e por tanto precisa de modo imprescindible do devandito ascensor, debido a que a aula onde debe dar clase atópase no primeiro piso do centro”, di o escrito do anpa.

“Durante o verán realizáronse as obras de instalación do mencionado ascensor e a día de hoxe, co curso en marcha, o ascensor non funciona e nada sabemos de porqué e cando será posible a súa utilización, que en todo caso é urxente”, continúan.

“Instamos ao Concello e á Xefatura Territorial, a que informe ao anpa da situación actual de licenzas, obras e posta en marcha do referido elevador e en todo caso instamos as institucións que corresponda en xeral e en concreto a ese Concello e Conselleria de Educación para que realice as obras e trámites oportunos do modo máis rápido posible, dada a necesidade imperiosa da súa utilización”, din dende A Faxarda.

PARTIDO POPULAR

O voceiro do Grupo Municipal Popular de Ribadeo, Daniel Vega, esixe que o goberno local solucione o problema do contrato de mantemento para o ascensor do Ceip Gregorio Sanz. Aclara así o popular que “é o goberno local, xa que o Concello é o propietario do edificio, o que ten que facer unha modificación do contrato de mantemento porque antes o centro xa dispoñía dun montacargas. Só é un trámite o que ten que facer o goberno de Fernando Suárez”, puntualiza.

Daniel Vega asegura que “o goberno local si que tiña coñecemento destas obras porque foi informado en agosto tanto pola dirección do centro coma pola Xunta”. Polo tanto, o voceiro popular pregúntase se “os que estaban de vacacións non se enteraban de que chegan papeis ao Concello”. É máis, Vega explica que “dentro do Consello Escolar hai un representante do BNG no goberno local que tiña coñecemento destas obras. É vergoñenta a súa actitude”, engade.

Etiquetas

A %d blogueros les gusta esto: