Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAViveiroZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

O Concello de Viveiro entregará os premios de varios concursos convocados polo CIM

Por 30 Setembro, 2020Sin comentarios

O Concello de Viveiro entregará este sábado, día 3 de outubro, os premios de varios concursos celebrados durante os últimos meses, uns actos que tiveron que aprazarse pola situación sanitaria.

Ás 12.00 horas na sala multiusos do Concello, entregaranse os premios correspondentes ao Concurso de fotografía amateur ‘Traballos e mulleres’ e o de debuxo escolar ‘Muller traballadora’, convocados pola delegación municipal de Muller e o Centro de Información ás Mulleres (CIM) de Viveiro con motivo da conmemoración do Día Internacional da Muller.

No concurso de fotografía amateur ‘Traballos e mulleres’ formaron parte do xurado José María Álvez (fotógrafo de El Progreso), Pepa Losada (fotógrafa de La Voz de Galicia), Saúl Jiménez (fotógrafo Carlos fotógrafos) e Toño Goás (fotógrafo de Toño Goás), resultando premiados Reyes Cerdá Mira coa súa foto Redes; Luis María Barrio Sáenz coa foto La tejedora e el telar; e o terceiro premio para Diego Costa Ramos e a súa foto Enrugas de unha vida. 

No concurso de debuxo escolar ‘Mamá traballadora’ formaron parte do xurado Lara Fernández Fernández-Noriega (concelleira Cultura e Muller), Margarita Fernández (directora CIM Viveiro) e Ana María Abad López (psicóloga CIM Viveiro), resultaron premiados Diego Alemparte Díaz do Ceip Santa Rita de Galdo e de 3º de Primaria; Juan Míguez Vázquez do Cpr Landro de 4º de Primaria; Laura Peña Rodríguez do Cpr Landro de 5º de Primaria e Lucía Martínez Bermúdez tamén do Cpr Landro de 6º de Primaria.

Posteriormente, ás 12.30 horas na biblioteca, o Concello entregará o premio á gañadora do concurso para elixir mascota da biblioteca, Lucía Martínez Bermúdez.