Skip to main content
ActualidadeCervoSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Un ano máis o Concello de Cervo participa en ‘1m2 polas praias e os mares’

Por 30 Setembro, 2020Sin comentarios

Un ano máis o Concello de Cervo, a través da delegación de Medio Ambiente que dirixe Mali Méndez, súmase ao Proxecto Libera, de SEO/BirdLife en alianza con Ecoembes, participando na campaña de ciencia cidadá 1m2 polas praias e os mares.

Trátase dun proxecto que se desenvolverá en ata 115 puntos costeiros e fondos mariños entre o 26 de setembro e o 4 de outubro co obxectivo de obter datos sobre a “basuraleza” que inunda a costa española.

Así, dará comezo o xove 1 d eoutubro na praia da Caosa ás 17.00 horas.

Farase unha limpeza das praias da Caosa e de Portelo ao mesmo tempo que se recollerán datos sobre o tipo e a cantidade de lixo presente nestes espazos naturais, subministrarase no punto de encontro todo o material necesario para levar a cabo a actividade.