Skip to main content
ActualidadeMondoñedoSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

O humorista Pedro Brandariz actuará na praza do Concello de Mondoñedo

Por 1 Outubro, 2020Sin comentarios

O humorista galego Pedro Brandariz protagonizará na praza do Concello de Mondoñedo o espectáculo Historias no Camiño.

Será o 4 de outubro ás 19.00 horas.

A APSX Sagrado Corazón de Lugo, entidade sen ánimo de lucro que organiza actividades de índole deportivo e cultural, puxo en marcha cofinanciado polo programa O Teu Xacobeo da Xunta de Galicia, o proxecto Historias no Camiño.

Consiste nun programa de 5 actuacións en clave de humor (monólogos) por 5 vilas ou cidades por onde pasa o Camiño de Santiago. O proxecto que se desenvolve entre o 26 de setembro e o 10 de outubro conta con artistas coma Pedro Brandariz, Pepo Suevos, Isabel Risco, Oswaldo Digón ou Xan Veiga.

As vilas e cidades onde serán as actuacións son Lugo, Vilalba, Friol, Mondoñedo e Sarria.