Skip to main content
ActualidadeFozSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

O CD Foz prepara a súa continuidade en Preferente

Por 3 Outubro, 2020Sin comentarios

Co inicio da Liga 2020/21 aínda no aire polas protestas dos clubs e xogadores ante a obrigatoriedade do uso de máscaras na práctica deportiva, o CD Foz pecha xa o equipo co que volverá disputar a competición este ano en Preferente.

Tras certificarse a continuidade de José María García Rivera ao fronte de club na reunión de socios, xa se coñece unha das principais renovacións, a de Javi Chinchón ao fronte do banco, que estará acompañado do mindoniense Israel Cruz.

Tamén confirmaron a renovación de Canario, Rivera, Dani Chao, Dani Sante, Cristian, Gonzalo e Bustelo. Da categoría xuvenil soben Jorge Méndez, Yeray, Álvaro, Alonso e Víctor.

No grupo de fichaxes destaca o regreso do defensa Jorge López dende o Celta Barreiros, o porteiro Rubén Castro (do Viveiro), o medio Álvaro e o dianteiro Xenxo, procedente do Alfoz. Tamén se incorpora na parte de atrás Noceda dende o Mondoñedo e Antón Couto, procedente do Fútbol sala Xove.

Deixa o equipo Asier, para disputar co Viveiro a próxima tempada en Terceira.