Skip to main content
ActualidadeRibadeoSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

En marcha as obras de mellora no saneamento xeral de Rinlo

Por 7 Outubro, 2020Sin comentarios

O Concello de Ribadeo está a realizar obras de mellora no saneamento xeral de Rinlo. O investimento ascende a 40.000 euros aportados polo Fondo de Compensación Ambiental e polo propio Concello. 

Dende fai un tempo o Concello “viu detectando que os colectores do saneamento xeral de Rinlo, pola súa escasa capacidade, non son quen de bombear todas as augas fecais, o que ás veces chegaba producir alivios indesexados na zona da Ribeira. E sendo conscientes desta situación desde o Concello, levábamos varios anos solicitando axuda económica á Xunta, a través do Fondo de Compensación Ambiental para os Concellos. Logo de varios anos tentando sen éxito esta axuda, finalmente hai uns meses nos outorgaron  unha pequena partida para este fin, que xunto coa achega que falta por parte do Concello, pois logramos facer unha obra de reestruturación deste sistema de bombeo tan importante”.

Para estas obras houbo que adquirir unha pequena leira a un veciño de Rinlo para poder instalar, por medio dela, unha nova condución de saneamento que dea solución ao estrangulamento que había. Instalarán esta tubaxe ao longo duns 400 metros en solo público municipal e tamén se instalarán novas bombas de impulsión e mellorarase a estrutura xeral deste saneamento.

As obras estarán rematadas a finais deste mes e a empresa adxudicataria é Viaqua, que resultou a gañadora a través dun concurso público.