Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAXoveZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Chega ‘Escaparate de Xove’, a plataforma que unirá ás empresas e profesionais

Por 9 Outubro, 2020Sin comentarios

Chega Escaparate de Xove, unha plataforma que unirá todas as empresas e profesionais do municipio, amosando os seus produtos e servizos e actuando coma un centro comercial unificado e estará en funcionamento o próximo día 20 de outubro.

Así, no salón de actos do Concello tivo lugar unha reunión de traballo presentada polo Alcalde José Demetrio Salgueiro Rapa e na que Ruth Paz, directora técnica da empresa PROCAT explicou as caracteristas, funcións, utilidades e a forma na que rexistrarse na plataforma.

Escaparate de Xove nace para potenciar os puntos fortes do empresariado de Xove, aproveitando a súa unión e capacidade de organización, o apio do Concello e as posibilidades que ofrece a dixitalización.

Ten como obxectivos amosar á clientela as vantaxe do consumo local que ofrece o noso empresariado, impulsar as relacións comerciais entre as empresas e coa clientela incrementando a súa presenza na Internet, facilitar unha canle de comunicación para a oferta e a demanda de emprego e atraer a novas iniciativas empresariais.

Todas as empresas e profesionais do municipio poden formar parte desta plataforma, para obter máis información deben poñerse en contacto con Rosa Lage, a axente de emprego e desenvolvemento local do Concello de Xove.