Skip to main content
ActualidadeBarreirosSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

A alcaldesa de Barreiros supervisou as obras na pista de subida a Penabo

Por 11 Outubro, 2020Sin comentarios

A alcaldesa e o concelleiro de medio rural revisaron as obras que se están a levar a cabo na pista de subida a Penabo no Concello de Barreiros, que desde a súa apertura hai vinte anos, non se tiña sometido a arranxos.

Os traballos, financiados con fondos propios do Concello, tamén se realizarán nas pistas de subida a Cornería e na de acceso aos depósitos de Vilamartín Grande e consistirán en actuacións con motoniveladora, pala e pisón segundo as necesidades das pistas.

Con estas actuacións mellorarase o firme dos camiños e a recollida de augas pluviais mediante a mellora das cunetas, tratando de evitar o seu deterioro.