Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAViveiroZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

O BNG viveirense solicita colocar antiescorregantes no paseo fluvial do río Landro

Por 12 Outubro, 2020Sin comentarios

O BNG de Viveiro vén de solicitar as melloras do paseo fluvial do río Landro.

“Dende a súa creación, este paseo fluvial que transcorre ao son do río Landro dende Portochao a Viveiro e viceversa, ten tramos en inverno que son intransitables debido á humidade que, coas xeadas e as baixas temperaturas, provoca que o chan, en especial o de madeira, se volva moi esvaradío e polo tanto perigoso nas zonas máis sombrías do mesmo”, din os nacionalistas.

Así, solicitan ao Goberno de María Loureiro que busque solución a esta problemática agora que voltan as baixas temperaturas e hai menos horas de sol. “Outros Concellos xa foron quen de actuar con axilidade nas zonas onde se lles presentou unha problemática similar colocando materiais antiescorregantes como malla metálica entre outros”, engaden.