Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAZonas LUGOXA

A Mariña en ruta continúa este outono

Por 13 Outubro, 2020Sin comentarios

Comeza o outono e con él chegan novas rutas para seguir descubrindo diferentes recunchos da Mariña Lucense. Este mes propoñen combinar mar e montaña para gozar ao máximo deste maravilloso entorno a través de dúas rutas de natureza.

Dará comezo o día 17 de outubro coa ruta O que a marea esconde, interpretación dun ecosistema intermareal, a cargo de Ana de Lara.

Trátase dun roteiro de interpretación da fauna e flora intermareal dun ecosistema costeiro característico da Mariña Lucense. A ruta é circular con inicio e fin no Castro de Fazouro (Concello de Foz), asentamento castrexo que data do século II. Dende alí iniciarase a andaina seguindo o Camiño Natural da Ruta do Cantábrico ao pe da praia de Arealonga e atravesando o portiño de Nois, antigo porto baleeiro. As pizarras e xistos que esculpen este precioso tramo de costa nos levan ata a praia de Polas e Xuncos, onde accederemos ao areal e ao espléndido ecosistema rochoso intermareal que nos deixa ao descuberto unha das maiores mareas baixas do ano. As charcas rochosas forman verdadeiros ecosistemas mariños en miniatura cunha enorme biodiversidade para moitos descoñecida. Acompañados de Ana de Lara, bióloga mariña, coñeceremos en detalle os segredos sobre a fauna e a flora desta zona antes de retomar o camiño de volta.

Município: Foz
Data: 17 de outubro
Hora de inicio: 10:30h
Duración: 3h
Lugar de inicio: Castro de Fazouro
Lonxitude: 6,5 km
Dificultade: Fácil
Trazado: Cirular
Observacións: Traer roupa adecuada á meteoroloxía e calzado cómodo, preferiblemente botas impermeables e suela de goma para camiñar polas rocas e evitar esvarar.

O día 23 será a quenda de A berrea, camiñando en terra de cervos, a cargo de Pedro Rolle, e será por Mondoñedo e Alfoz. Esta ruta ten como punto de partida “A Ponte de A Fraga Vella”. Os primeiros cincocentos metros camiñaremos por estrada asfaltada, o resto da ruta seguirá o trazado dunha pista de terra moi sinxela de camiñar, sen obstáculos nin zonas húmidas. No seu percorrido cruzarase un pinar de montaña, composto por matorral baixo, pinos e frondosas autóctonas, dende o que gozar dunhas preciosas vistas dos pequenos vais fluviais e dos afloramentos rochosos típicos destas serras.

Durante o traxecto, iremos bordeando o peche da finca onde se encontran os cervos, aínda que por todo o trazado da ruta poderemos velos, xa que exemplares desta especie viven fóra do recinto. Xa no lugar dos Agros, e enfrente a unha explotación mineira en desuso, atópase a “Fragas das Vigas”, final da ruta e punto de regreso.

En toda a ruta poderemos, ademáis, gozar da maxestuosa beleza dos voitres leonados, presentes nestas serras do norte da provincia de Lugo durante todo o ano.

Municipio: Mondoñedo e Alfoz
Data: 23 de outubro
Hora de inicio: 16:30h
Duración: 3h
Lugar de inicio: A Ponte da Fraga Vella
Lonxitude: 5,5 km
Dificultade: Fácil
Trazado: Cirular
Observacións: Uso de roupa e calzado cómodo, preferiblemente impermeable. Auga. Prismáticos e en caso de ter algún libro de fauna (aves, insectos) e/ou flora.