Skip to main content
ActualidadeBurelaSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

O Programa de Inmigrantes de Burela organiza un curso de obtención da nacionalidade española

Por 13 Outubro, 2020Sin comentarios

O Programa de Inmigrantes da Concellería de Inmigración e Cooperación vai organizar un curso para axudar a preparar a proba de coñecementos constitucionais e socioculturais de España para a consecución da nacionalidade española. Esta acción está financiada pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia e polo Fondo Social Europeo.

A edil Noelia Mª Ben explica que “a temática deste curso é coñecer o Goberno, lexislación e participación cidadá, os dereitos e deberes fundamentais e a organización territorial e xeografía física e política de España. Ademais de coñecer a cultura e a historia de España e a sociedade española”. 

A concelleira de Inmigración engade que “con esta formación trátase de axudar a preparar a mencionada proba esixible para a obtención da nacionalidade española. O cursiño ofertado  terá unha duración de 50 horas e será impartido dende o 21 de outubro ata o 6 de novembro en dependencias do Concello de Burela”. 

As persoas interesadas en acudir a este cursiño poden solicitar máis información na Casa do Concello ou chamando ao teléfono 982 58 60 00.