Skip to main content
ActualidadeRibadeoSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Os socialistas de Ribadeo demandan que se intensifique a seguridade na vila

Por 13 Outubro, 2020Sin comentarios

Os socialistas de Ribadeo demandan ao alcalde de Ribadeo que intensifique a seguridade no centro da vila, tralos últimos actos vandálicos ocorridos na rúa Rosalía de Castro.

“Hoxe pola mañá espertámonos coa noticia de que había desperfectos en vehículos da Rúa Rosalía Castro con rodas raxadas, así como pintadas en espazos públicos e desperfectos no mobiliario urbano. Por iso reclamamos que o Concello busque os mecanismos necesarios, en colaboración con outras administracións se fóra preciso, para que se respeten as normas e boa convivencia na nosa vila”.

Dende a agrupación socialista de Ribadeo queremos amosar o noso rexeitamento a este tipo de actos, e poñemonos a disposición de todos os veciños e veciñas afectados por estes acontecementos.