Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAXoveZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

A Omix de Xove prepara un outono cargado de actividades

Por 14 Outubro, 2020Sin comentarios

O Concello de Xove preparou a programación de actividades para este outono-inverno, que conta con obradoiros de longa duración e ximnasia, entre outros.

Os obradoiros serán de ioga e manualidades para adultos e o seu prazo de inscrición é do 15 ao 24 de outubro. Comezarán no mes de novembro e os prezos poden consultarse na Omix.

As actividades deportivas son ximnasia de mantemento, que comezará o luns 2 de novembro, aerobic e fitness, que tamñen dará comezo o día 2, pilates e pilates para maiores de 50 anos que serán o 3 de novembro en diferentes horarios. Para inscribirse haberá que facelo antes do 24 de outubro.

Por outra banda, o Concello prepara un torneo de escape room virtual que será o sábado 31 de outubro en horario de tarde na sala de ordenadores do centro xuvenil.

En novembro acollerá un acto reivindicativo polo Día Internacional da Elminación da Violencia Contra a Muller que será o 25, e o sábado 28 elaborarase un video corto reivindicativo.

Para máis información haberá que chamar ao teléfono 982 571 816 ou prguntar na oficina municipal xuvenil.