Proseguen as negociacións do ERE de Alcoa

Proseguen as negociacións do ERE de Alcoa no que o comité de empresa comunicou que non poden comezar a executalo ata non dispoñer do informe final da Inspección de Traballo e Seguridade Social. A reunión para elaborar dito informe manterase cos representantes dos traballadores mañá xoves 15 ás 16.15 horas.

Mentras tanto estase preparando entre os tres sindicatos a medida cautelar, pendente dos dous informes independientes, que aportarán máis consistencia á demanada, e unha vez presentada deberá facerse efectiva en 72 horas.

Ademais, a dirección de empresa rompeu unilateralmente as negociacións dos sevizos mínimos de folga indefinida. “Na reunión propuxeron uns servizos mínimos do 90-95% do persoal e pactando a colaboración na parada das cubas. Mostra novamente do desporpósito da empresa e da falta de vontade para negociar”, din dende o comité.

Pedro Hojas, secretario general de UGT FICA, manterá hoxe un encontro cos traballadores en folga de Alcoa San Cibrao  ás 1730 horas.

O secretario xeral amosará o seu apoio e solidariedade co persoal e esixe ao Goberno que dea un paso á fronte e impida a destrución de 534 empregos directos.

Por outra banda, esta pasada noite durante as probas de material pirotécnico, un artefacto defectuoso causou ferisa na man dun membro do comité de empresa. O traballador tivo que ser intervido de urxencia e require” repouso, tranquilidade e atención médica”, informan dende o comité, ademais de que pidne “respecto e privacidade para o ferido”.

Etiquetas

A %d blogueros les gusta esto: