Skip to main content
ActualidadeLourenzáSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

O 17 de outubro o Concello de Lourenzá organiza unha colecta en apoio á loita contra o cancro

Por 15 Outubro, 2020Sin comentarios

O 17 de outubro o Concello de Lourenzá en colaboración coa Asociación Española contra o Cancro organiza unha colecta en apoio á loita.

Esta será na praza Conde Santo ás 17.30 horas, antes do concerto de violín e piano que haberá na igreza de San Salvador ás 18.30 horas incluído dentro do programa O teu Xacobeo.

Os donativos serán entregados a Asociación Española contra o Cancro e a fachada do Concello permanecerá tinguida de rosa cunha pancarta co lema deste ano.