A asociación ribadense Amadores da Música elixirá nova directiva

A asociación ribadense Amadores da Música celebrará asemblea xeral extraordinaria de socios para a presentación de candidaturas e a elección de nova xunta directiva.

Está programada para o 14 de novembro deste ano, sábado, no salón de actos da Casa do Mar de Ribadeo. A primeira convocatoria está fixada para as 20.00 horas e a segunda ás 20:30.

A actual xunta directiva da asociación Amadores da Música, presidida por Elisa Álvarez Amor, está no cargo desde marzo de 2018.

Etiquetas

A %d blogueros les gusta esto: