Skip to main content
ActualidadeMondoñedoSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Comezan unhas San Lucas de Mondoñedo atípicas

Por 16 Outubro, 2020Sin comentarios

As San Lucas de Mondoñedo este ano serán unhas festas atípicas que durarán cinco días e que tentarán mater viva unha tradición de case 900 anos. Así, seguirán tendo ao cabalo como protagonista aínda que non haberá nin a tradicional feira no Campo dos Paxariños nin a baixada dos cabalos polas rúas da cidade.

Hoxe dará comezo a recepción das autoridades nos xardíns da Praza da Catedral e ademais farase a lectura do manifesto do mariscal e a ofrenda floral no interior da catedral.

De aí as sanluqueiras Uxía Carballal, Cecilia Lombardía e Daniela Lombardía e Álex Barreira partirán ata o auditorio onde o director da escola de música municipal, Xan Carballal, lerá o pregón.

O sábado está previsto, no recinto da Granxa, o concurso de cabalos trotóns e o domingo será a final da Copa Galicia de morfoloxía de pura raza galega, para así dar paso a un espectáculo de doma con cabalos de raza galega.

Haberá tamén un encontro folclórico, pasarrúas en distintas prazas da cidade e a partir das 20.15 horas proxectarase un vídeo sobre a fachada da catedral para despois dar paso a un concerto de Xosé Lois Romero e Aliboria. Na alameda tamñen haberña verbena con aforo limitado a cargo de Aroma.

O domingo está prevista a ofrenda a Pascual Veiga no cemiterio e a presentación do libro ‘Contrahistorias de Galicia’ de Antonio Reigosa. Xa pola noite haberá música na alameda e unha sesión de fogos artificiais.

O luns 19 será a tradicional misa na catedral, haberá pasarrúas, sesión vermú e verbena ademais dun espectáculo de maxia no auditorio. Xa para rematar o Día das Maulas, Micromina Títeres interpretará as cantigas de Alfonso X.