Skip to main content
ActualidadeCervoSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Estase a mellorar a rede de saneamento en diferentes zonas de Cervo e San Cibrao

Por 16 Outubro, 2020Sin comentarios

O Concello de Cervo renova a rede de saneamento en diferentes zonas de Cervo e San Cibrao.

Os traballos contan cun orzamento de 23.600 euros, procedentes do Fondo de Compensación Ambiental, da Xunta de Galicia.

O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, acompañado da Tenente Alcalde, Dolores García Caramés, e da edil de Obras, Mali Méndez, supervisou este mediodía os traballos de saneamento que se están acometer estes días no núcleo de Cervo, en concreto, na rúa Xosé María Cao, á altura do parque infantil Isaac Díaz Pardo e Luis Seoane da capitalidade municipal.

Estes traballos, que estarán rematados previsiblemente a vindeira semana, veñen sumarse a outras actuacións de saneamento que se foron acometendo días atrás en San Ciprián, en concreto na Rúa do Cobo; tamén entre as rúas Aduana e Pena Mea; e no cruce da rúa da Caosa coas rúas Hospital, do Lugar e da Rúa do Campos.

As actuacións supoñen un orzamento de 23.600 euros, procedentes do Fondo de Compensación Ambiental, da Consellería de Presidencia da Xunta de Galicia.

Son investimentos en infraestruturas básicas, que non se ven, que están soterradas, pero que supoñen unha mellora importante na calidade de vida da veciñanza