Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAZonas LUGOXA

Javier Losada insta a manter a presión sobre Alcoa

Por 16 Outubro, 2020Sin comentarios

O delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, insistiu hoxe en manter a presión sobre Alcoa para que sente a negociar sobre o futuro da planta de San Cibrao e para iso considera fundamental a unidade de acción alcanzada polo Goberno de España, Xunta de Galicia e traballadores.

Javier Losada mostrou a súa satisfacción polo feito de que a Xunta se incorporou a esa fronte común esencial que permita solucionar o actual problema xerado exclusivamente por Alcoa.

Por iso trasladou o seu agradecemento ao presidente da Xunta por pechar filas xunto ao Goberno de España e os traballadores. “Custou moito, pero agradézolle que rectificase de tal maneira que agora todas as administracións, xunto cos traballadores, loitaremos unidos para que Alcoa permita manter a actividade industrial”, asegurou.
Con este obxectivo, considera fundamental tamén manter a presión sobre a empresa. Dentro deste contexto enmarcou a decisión do Ministerio de Industria de reclamar a Alcoa a devolución de 50 millóns de euros concedidos en axudas do CO2 así como a propia decisión da Xunta de declarar esencial e estratéxico o sector electrointensivo.

O delegado, ademais de destacar a unidade alcanzada polos gobernos central e autonómico e os traballadores, lembrou neste sentido que o Goberno traballou para conseguir un acordo poñendo sobre a mesa todas as posibilidades xurídicas e legais que nos permite o noso Estado de Dereito e as indicacións das Unión Europea.