O parque Pernas Peón viveirense continuará sen proxecto de recuperación

A moción presentada en Pleno polo BNG viveirense sobre recuperar e revitalizar o parque Pernas Peón non foi aprobada por “falta dun voto”, segúndo di Miriam Bermúdez, voceira do grupo nacionalista.

“Bancos e mesas rotas, falta de árbores despois dunha tala sen ningún tipo de estudo, especies vexetais e camiños que desaparecen por falta de mantemento, ramas caendo con cada temporal obrigándo a fechar o parque por perigo…”, engaden.

“Sendo o último punto o xerador dun debate baldío ao non estaren dacordo varios membros da corporación municipal” afirma Míriam Bermúdez, “un punto que propoñía -estudar a posibilidade- o cal, non implicaría facelo, mais si se podería estudar e mirar se compensaba unha vez postos co proxecto, o de incluir ou non, unha zona con saltos e outros artiluxios para o desfrute de patíns e bicicletas”, dixo Bermúdez. Aínda despois de explicar isto mesmo, algúns membros da corporación municipal non parecían entendelo e a concelleira do BNG optou por retirar este terceiro punto da moción para non bloquear a recuperación do parque.

María Loureiro sen embargo, afirmou que votarían en contra porque apobar unha moción suporía tela que levar a cabo, “o que sorprende desta declaración” di Míriam Bermúdez “son as poucas ganas de traballar e neste caso de recuperar o parque. Segundo María Loureiro o PSOE ten moitas iniciativas e ideas para este parque, pero está claro que se esas ideas non se presentan nun proxecto nunca imos saber o orzamento necesario para facelas realidade e polo tanto, non se vai poder reservar unha partida nos orzamentos e levar a cabo a recuperación do parque. Ao votaren en contra, o único que queda é a improvisación á que nos teñen acustamadas no Goberno Municipal.”

Nesta moción tamén, a alcaldesa María Loureiro, fixo unha declaración na que dixo textualmente que “votaron en contra da moción dun Viveiro Ciclábel por que era unha iniciativa do BNG, non porque non quixeran un carrilbici. Argumento que utilizou tamén para votar en contra da recuperación do parque Pernas Peón, poñendo por diante o rédito político e dificultando a calidade de vida da veciñanza simplemente por que ao PSOE non lle caen en graza as iniciativas que veñen do BNG”, resumen Bermúdez.

Etiquetas

A %d blogueros les gusta esto: