Primeira gañadora do sorteo de panchas dentro da campaña Domingueo en Ribadeo

Sonia Fernández Amor é a afortunada do primeiro sorteo de panchas que Acisa realizou o venres, dentro da campaña Domingueo en Ribadeo. Desde a asociación sinalan que “poderá pasar a recoller as súas 40 panchas polas oficinas de ACISA Ribadeo, sitas na rúa San Roque, de luns a venres de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:00 horas”.

Os próximos sorteos de panchas serán os días 23 e 30 de outubro e o 6 de novembro entre os usuarios rexistrados na app de Ribadeo Preto de Ti.

Etiquetas

A %d blogueros les gusta esto: