Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAZonas LUGOXA

Rexistrada a solicitude da cautelar por parte do comité de empresa de Alcoa

Por 17 Outubro, 2020Sin comentarios

O comité de empresa de Alcoa informou aos traballadores de que onte se presentou no rexistro do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia a solicitude de medida cautelar coa que pretenden paralizar temporalmente o proceso do Expediente de Regulación de Emprego que afecta a 524 traballadores de aluminio.

“En primeiro lugar, pidese a intervención ou administración xudicial da planta de aluminio por parte da SEPI, e subsidiariamente, que se ordene a Alcoa non comezan coa paralización das cubas e en consecuencia, non executar os despidos individuais mentres non haxa sentencia firme”, din dende o comité.

O delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, insistiu onte en manter a presión sobre Alcoa para que sente a negociar sobre o futuro da planta de San Cibrao e para iso considera fundamental a unidade de acción alcanzada polo Goberno de España, Xunta de Galicia e traballadores.