Skip to main content
ActualidadeBarreirosSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

O Concello de Barreiros organiza dous concursos polo Samain

Por 18 Outubro, 2020Sin comentarios

O Concello de Barreiros organiza para a celebración do Samain 2020 un concurso de decoración e outro de microrrelatos.

O venres 30 terán lugar o de decoración de cabazas, espazos, comidas ou temática similar. É será para nenos de 3 a 6 anos e de 7 a 11 anos.

Para participar haberá que enviar foto da decoración por WhatsApp ao número 666 875 915 antes do 29 de outubro.

En microrrelato, a extensión máxima deberá ser de 200 palabras e terán que ser textos inéditos, orixinais e estar escritos en galego.

Contará con dúas categorías, de 12 a 16 e maiores de 16 anos.

Haberá que entregar os traballos na Biblioteca Municipal, no whatsapp a ou ao correo electrónico cemit@concellodebarreiros.gal (indicando en asunto: concurso relatos Samaín). Desde o 15 de outubro ata o 29 de outubro do 2020; acompañando texto con título, nome e apelidos, teléfono de contacto e idade.

Os participantes ceden gratuitamente os dereitos de reprodución, distribución e/ou comunicación pública gratuíta en calquera soporte dos traballos presentados ao Concello de Barreiros. Máximo 2 presentacións por participante en cada modalidade.