Skip to main content
Cultura AMARIÑAXAO Vicedo

A antiga fábrica de salgadura do Vicedo

Por 19 Outubro, 2020Decembro 18th, 2023Sin comentarios
Por Ana Somoza López.

O Vicedo ten moito que ofrecer máis alá dos lugares máis coñecidos. Despois da visita obrigada ao Fuciño do Porco, hai que continuar a ruta por este municipio mariaño e chegar á  praia de Caolín.

Alí, ademáis dun fermoso areal no que disfrutar as augas do Cantábrico, pódese coñecer a antiga fábrica de salgadura, lugar onde a pesca se salgaba para a súa conservación e posterior exportación a outras provincias de interior.

A fábrica estaba situada nun enclave destacado, por enriba da praia e trátas dunha das moitas que houbo pola contorna e que tivo o seu auxe entre os séculos XIX e primeiro terzo do  XX.

Este sistema de tratamento do peixe foi moi importante para permitir a súa comercialización, sobre todo na zona do levante español.

En canto á organización do traballo, é destacable a presencia das mulleres  xa que se incorpororon masivamente a esta actividade xa que era unha das poucas saídas laborais que  ofrecía o mercado rexional da época. Unha fabrica de tamaño medio  viña a ocupar ao redor de 20 mulleres, oscilando o numero de homes entre 4 e 8.

A aparición da industria da salgadura se remonta a finais do século  XVIII pero consolídase no XIX e mantense con certa importancia ata o primeiro terzo do século  XX. En Galicia, o principal peixe preservado en salgadura foi a sardiña e a súa actividade produtiva limitábase ao período entre xuño e xaneiro, aproximadamente.

O gran desenvolvemento desta industria estivo ligado á chegada dos empresarios cataláns a finais do século  XVIII. Ademais, a maioría da produción de salgaduras tivo como destino principal o Levante español e o transporte facíase case sempre por mar.

O PROCESO. O peixe se  descabezaba e  evisceraba manualmente, unidade por unidade; despois introducíanse as sardiñas en pilas ou  lagares cheos de sal durante 24 horas para, despois, ser introducidas en barrís e separados en filas por bos puñados de sal co fin de que non se tocasen, comercializándose sen  prensar. Ao non extraerse a graxa a sardiña era unha mercadoría perecedoira porque en contacto co aire se oxidaba pronto tomando unha cor amarelada.

Ademais da transformación de peixe, nestas fábricas levábase a cabo a construción de  toneis de madeira.