Skip to main content
ActualidadeFozSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Un alumno do ciclo medio de cociña do IES de Foz está realizando prácticas en Alemaña

Por 19 Outubro, 2020Sin comentarios

Un alumno do Ciclo Medio de Cociña do IES de Foz realiza as prácticas nun restaurante de Karlsruhe (Alemaña) durante tres meses.

A vicedirectora e coordinadora de proxectos europeos do IES de Foz, a profesora Leticia Maseda, explica queSergio Vieira, alumno do Ciclo Medio de Cociña, oferta modular, realiza durante tres meses, prácticas na cociña do restaurante Terra Mare, en Karlsruhe, na rexión alemá de Baden Wurtemberg. Esta actividade está enmarcada dentro da modalidade Erasmus Pro do programa KA102 FAE, concedido ao IES de Foz en xuño de 2019”. 

Leticia Maseda engade que “o alumno tivo que pasar unha PCR á súa chegada ao país e agardar no aloxamento á resposta. A mobilidade está transcorrendo con total normalidade pese ás restricións COVID, que tamén existen en Alemaña”.

Para rematar a vicedirectora do IES de Foz comenta que “o obxectivo destas actividades é principalmente aumentar a empregabilidade do alumnado e favorecer as súas perspectivas profesionais, ademais de mellorar a autocapacitación e autoestima, os coñecementos de linguas estranxeiras e ampliar a súa concienciación intercultural. E os resultados sempre son moi positivos para todos os participantes”.