Skip to main content
ActualidadeCervoSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

A edil de Servizos Sociais cervense requiriu que se amañe con urxencia o servizo de ascensor do Centro de Día

Por 20 Outubro, 2020Sin comentarios

A edil de Servizos Sociais, Pilar Armada, recórdalle aos concelleiros do BNG, “aínda que xa deberían estar ao tanto polo cargo que representan”, que as instalacións do Centro de Día Residencia contaron con todos os informes de inspección favorables no seu día, “que acreditan que dispón de todos os servizos que marca a normativa para un centro destas características”, o que inclúe un ascensor como o que dispón.

Armada, quixo aclarar, non obstante, que desde o Concello de Cervo, xa lle requirimos á empresa concesionaria “que repuxese con urxencia o servizo do elevador”; cuxas tarefas de mantemento están entre as súas obrigas; e precisan que lle pedirán responsabilidades por mantelo inoperativo durante días, co correspondente prexuízo que isto supón para as persoas usuarias e para os/as traballadores/as do centro.