Skip to main content
ActualidadeCervoSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

O BNG de Cervo denuncia avarías no ascensor do centro de día de San Cibrao

Por 20 Outubro, 2020Sin comentarios

O BNG de Cervo vén de facer pública a súa denuncia sobre as avarías no ascensor da residencia de San Cibrao.

Así, os voceiros nacionalistas cervenses comentaron que esta avaría “condiciona a vida das persoas residentes”.

A directora do cento, Diana Durán, asegura que está en coñecemento dos técnicos e á espera das pezas que teñen que vir dende o estranxeiro.

O BNG denuncia que os usuarios e residentes non poden baixar ao soto a facer os seus exercicios e ademais a falta de ascensor fai que louza e cubertos de servizos se freguen nos propios cuartos, ou que todo o material de comidas ou lavandaría suba e baixe por escaleiras, o que ocasiona trastornos de operatividade e de servizo.