Skip to main content
ActualidadeMondoñedoSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

O Concello de Mondoñedo patrocina un libro de receitas para a faba verdina

Por 20 Outubro, 2020Sin comentarios

Despois da celebración das I Xornadas Gastronómicas da Faba Verdina organizadas polo Concello de Mondoñedo e a Asociación de Produtores de Faba Verdina de Galicia, elaborouse un libro de receitas que recolle as propostas de catorce establecementos hostaleiros de Mondoñedo.

As preparacións e as combinacións da verdina son moi amplas, e van dende os guisos lentos de pucheiro ata os salpicóns ou as tortillas de ovos.

Seguidamente, indícanse os establecementos e as receitas que aportan nesta publicación que se denomina Libro de receitas. I Xornadas gastronómicas da faba verdina de Galicia.

O Bar Amanecer aporta os segredos das Fabas con cogomelos cantarelos; Restaurante Padornelo optou pola Verdina ó salpicón; a Taberna do Valeco, por Verdina con xabaril; o Café Vinoteca Segundo (Centro Social) aposta por Verdina con luras na súa tinta; A Taberna da Galiana propón Fabada de verdina; A Bodeguiña opta por Ms. Beans. Tortilla de verdinas; O Petisco. Viñoteca decántase por Verdina con xabaril á cazadora; Bar o Rincón revela os secretos das Verdinas con ameixas; Bar o Porriño inclínase por Verdinas con bacallau; Bar Castro elixe Fabas con bacallau e gambas; Bar A Tasca opta por Verdinas con sepia; Bodegón a Catedral explica como se fai a Verdina con poldro; Bar O Pasatempo decántase polas Fabas con ameixas; O Palique ensina como son as Verdinas con gulas e gambas.

As xornadas e o libro de receitas obedecen ao obxectivo común do Concello e da asociación de dar a coñecer un produto de gran calidade como é a faba verdina.

Concello e produtores, co libro de receitas queren demostrar que nin a elaboración da faba verdina é máis complicada que a doutras legumes nin é preciso recorrer sempre a asociala con marisco.  A asociación asegura que coa verdina acontece que a súa consideración como alimento gourmet  afástaa da cociña caseira, e fai que a súa elaboración quede reservada aos días de festa, ou que só se consuma cando se sae a comer fóra.

Pódese consultar o libro nesta ligazón.