Skip to main content
ActualidadeRibadeoSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Representación teatral de ‘Mauthausen. La voz de mi abuelo’ en Ribadeo

Por 20 Outubro, 2020Sin comentarios

Volvemos ao Auditorio de Ribadeo con outra gran obra do mellor teatro actual, Mauthausen. La voz de mi abuelo, espectáculo candidato nos Premios Max 2019 a mellor espectáculo revelación e mellor dramaturxia revelación. En 2020 repetiu candidatura a mellor espectáculo revelación.

Tamén foi recomendado pola Rede de Teatros e SAREA. E obtivo premio a mellor espectáculo de sala na Feira de Teatro de Castela e León de Ciudad Rodrigo 2019 e premio a mellor texto e espectáculo no Festival TOC O Puig 2019.

A obra representarse ou domingo 1 de novembro, ás 20.00 horas e as entradas están á venda en ataquilla.com. Mauthausen. La voz de mi abuelo quere transmitir o testemuño real dun protagonista da nosa historia recente, a partir dos recordos gravados directamente por el mesmo antes de morrer, aos que dá vida Inma González, a súa propia neta. Pero, por encima de todo, Mauthausen é un canto á vida, á fortaleza do ser humano, á solidariedade e ao humor como unha estratexia, literalmente, de supervivencia.

Un espectáculo unipersoal que xoga co humor, a narración oral, o clown, o contacontos e o monólogo multipersonaje popularizado por Darío Fo.

Dirección e dramaturxia: Pilar G. Almansa
Intérprete: Inma González
Espacio escénico: Pilar G. Almansa e Inma González
Espacio sonoro e música orixinal: Luís Miguel Lucas