Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAXoveZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

A ACD Xove abre o prazo de inscrición das Escolas Deportivas-Culturais

Por 22 Outubro, 2020Sin comentarios

A ACD Xove vén de abrir o prazo de inscrición das Escolas Deportivas-Culturais para esta tempada 2020-2021.

Todos os alumnos que desexen participar deberán ser socios da entidade, e aquelas familias ou alumnos que queiran incorporarse como socios deberán poñerse en contacto coa xunta directiva da asociación para formalizar e tramitar a súa inscrición de alta.

A cota para ser socio é de 10 euros ao mes por familia en pagos semestrais, tendo dereito a participar en todas as escolas organizadas pola asociación, así como contarán con descontos ou gratuidade nas equipacións deportivas que se poñan á venda.

Estas escolas contan con patinaxe artística, xadrez, atletismo, duatlón, orientación, bádminton, surf e pintura, todas elas para nenos de entre 6 a 16 anos. Ademais terán a escola deportiva na natureza que busca unha realización segura da actividade física no medio rural facendo carreiras, kaiaks, escalada, rapel ou outras actividades, así como, talleres de interpretación da flora, xeoloxía ou o día micolóxico entre outros.

Para poñerse en contacto haberña que chamar ao 618 976 159 ou mandar un email a a.c.d.xove@hotmail.com.