Skip to main content
ActualidadeLourenzáSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Alta participación das Escolas Deportivas de Lourenzá no Campionato Galego de Atletismo

Por 22 Outubro, 2020Sin comentarios

As Escolas Deportivas de Lourenzá estiveron na cita autonómica do Campionato Galego de Atletismo. Así, a pesar de levar pouco tempo adestrando os atletas laurenteino demostraron unha vez máis a súa capacidade de sacrificio e superación.

Pero o importante era estar presentes, poñendo en acción todas as medidas sanitarias posibles dentro da nova normalidade nunhos campionatos distintos pero sempre esixentes. É por isto que todos se merecen un recoñecemento e tamén dos que por distintos motivos non puideron estar.

Os participantes e as súas marcas foron Fer Vallines, Campión autonómico en Peso: 13,82; Manu Rodríguez, subcampión autonómico en Triplo: 11,86; Alberto Ratoeira, 6º en 300 e 7º en lonxitude; Iria Otero, 5ª en 3000; Carmen García, 6ª en altura e 4ª 300 vallados final b; Miguel Fernández, 6º en 80; Julia Fernández 4ª final C80 e 4ª final b150; Iria Rodríguez, 6ª en 1000; e Lurdes García, 8ª en 3000.