Skip to main content
ActualidadeBurelaSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

O anpa do Ceip Virxe do Carme de Burela doa purificadores de aire ao centro

Por 22 Outubro, 2020Sin comentarios

O anpa do Ceip Virxe do Carme de Burela fixo unha doazón ao centro de 22 purificadores de aire para todas as aulas de infantil e primaria.

Esta doazón complementarase coa propia ventilación que fai o centro escolar e axudará a escoller as horas de apertura de fiestras, as máscaras, o distanciamento e a propia hixiene.

Estes aparatos, financiados polas familias, usan os mesmos filtros que os dos avións, e que recollen dende partículas, pelusas, bacterias e virus.