Skip to main content
ActualidadeFozSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

O Concello de Foz abriu a preinscrición das Escolas Deportivas Municipais

Por 22 Outubro, 2020Sin comentarios

O Concello de Foz abriu a preinscrición das Escolas Deportivas Municipais, para seguir apostando polo deporte de forma segura.

A situación epidemiolóxica condiciona o desenvolvemento desta tempada, ubicacións, grupos, etc. Así, dende o Concello agradecen a colaboración da Asociación de Veciños de Cangas por ceder o seu pavillón para poder desenvolver unha das actividades máis demandadas.

Contarán cun programa atractivo e cunhas condicións seguras, con protocolos de prevención da covid-19, que conta con ximnasia rítmica, patinaxe, teatro, ballet, carámica, multideportes, rugby e coreodance kids.

Debido ás circunstancias actuais, na tempada 2020/2021 das EDM de Foz, as prazas estarán limitadas, polo que na preinscrición deberá marcarse como máximo dúas disciplinas.

Resérvase un 20% de prazas a persoas en situación de vulnerabilidade, beneficiarias de programas sociais..

A preinscrición realizarase a través do envío do formulario debidamente cumprimentado ao enderezo electrónico: edmfoz@concellodefoz.es antes do 26 de outubro.

A cota de inscrición será para 1 actividade, 15euros ao mes e 2 actividades 17. As familias numerosas terán un desconto do 50%.

Para máis información haberá que chamar aos teléfonos 636 504 155 (Coordinación) ou á Casa da Xuventude 982 133 037.

Podese consultar as actividades e horarios nesta ligazón.