Skip to main content
ActualidadeBurelaSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

O PP de Burela denuncia que o PSOE aproba unha conta xeral totalmente irregular

Por 22 Outubro, 2020Sin comentarios

O PP de Burela vén de denunciar que “o PSOE aproba unha conta xeral totalmente irregular cunha nova colaboración do BNG”. Este feito tivo lugar este martes no pleno extraordinario que tivo lugar no Concello de Burela.

Dende o PP afirman que “o informe de intervención é demoledor, a conta xeral está chea de presuntas ilegalidades consentidas polo Sr. Llano no referente a gastos de persoal, gastos de bens correntes e de servizos, fraccionamento de gastos para que pasen a ser contratos menores cando no seu conxunto superan a contía máxima permitida para este fin”.

Os populares insisten en que “o Sr. Jose Díaz ten un presunto corralito montado co alcalde, xa que no mencionado informe aportado pola interventora municipal se veñen reparando gastos de espectáculos e actividades culturais que teñen lugar de xeito habitual na nosa vila así como dos ingresos obtidos da venta de entradas. Por parte da Intervención do Concello de Burela non se ten ningún tipo de coñecemento  sobre tales ingresos, nin se exerce ningún tipo de control e fiscalización sobre a súa xestión”.

A formación popular indica que “tamén foron   reparados   por   Intervención   gastos   que   correspondían a actividades desenvolvidas por asociacións, polo tanto, trataríase dunha axuda en especie; e como tal, debería ser outorgada con arranxo ao previsto na Lei Xeral de Subvencións e Normativa Concordante”. E seguen, “ademais foron reparados de forma sistemática  gastos derivados do funcionamento da   escola   de   música   polos   motivos   que   constan,   entre   outros, no informe conxunto de secretaría e intervención de data 29/01/2020”.

“Imos pedir toda a documentación relativa a esta conta xeral e imos estudar con detemento as accións que imos a levar a cabo porque, o que denuncia este informe público, elaborado por un alto funcionario do Concello de Burela é gravísimo, non podemos entender como o Bng do Sr. Pillado pode aprobar este tipo de actitudes claramente irregulares, salvo polo feito de que formen parte do goberno paralelo do Sr. Llano”, afirman.

Por outra banda o rexedor local deu novas mostras da súa verdadeira faciana. Nesta ocasión, subliñan, “cunha actitude totalmente déspota, impediu que, nun dos puntos da orde do día, o voceiro popular argumentara o sentido do voto do Grupo Municipal, algo totalmente irregular”.